Entre dous mundos

Páxina Anterior

Escenas 4-9.

 

m2galosalinasentredousmundos002.html

Escena IV
Os ditos, Madalena y Eduardo

Madalena.- ¡Daniel! (Préndelle as mans)

Daniel.- ¡Miña hirmá! ¿Cómo alcóntraste?

Madalena.- Mareábame n-a cámara e subin á toldilla pra respirar o ar fresco.

Eduardo.- Eu estaba presenciando as maniobras da tripulación cando vin a Madalena e ofrecinme á acompañala onde vostede.

Daniel.- Moitas gracias, tanto mais canto deixou o seu entretemento pra sere cortés.

Eduardo.- Non, porque o capitán foise c'o señor Don Francisco, logo de dar as suas ordes, pois quere que cando distíngase a terra todol-os pasaxeiros se lembren da patria nativa ô veren a patria que van á adoutaren.

Daniel.- ¡E un gran patriota o noso capitán!

(Alicia vólvese e diríxese o grupo e prende d'unha man á Madalena conducíndoa á se sentar cabo d'ela.- Daniel y Eduardo figurando falar quedamente algo interesante vanse ô fondo sentándose n-o banco entre as duas portas)

Alicia.- ¡Veña cabo de min, miña amiga!

Madalena.- Sinto gran pracer en saudala.

Alicia.- ¿Atópase millor? (Sentándose)

Madalena.- A miña milloria è ben cativa.

Alicia.- En canto desembarquemos poráse ben.

Madalena.- ¡Tal vez váyame pior!

Alicia.- ¿Pro que sinte, que lle doy?

Madalena.- ¡Non o podo expricar! Sinto estranezas, doyme todo e non sei onde está o meu mal.

Alicia.- ¿Non será parte d'él imaxinativo?

Madalena.- A tristeza que enerva, a nerviosidá que enlouquece, os contrastos que descompoñen o ánimo non son efeuto da imaxinación, senon demostraciós de algo grave que desenvólvese alí dentro, moy n-o fondo onde non alcanzan es medicamentos que receta o cencia de crural-os corpos... porque non profundiza nos espritos.

Alicia.- ¿D'aquela?

Madalena.- Proba de que a miña doenza está n-a alma.

Alicia.- ¿Quizais en relación c'o mesmo mal que padece seu hirmán? (Con curiosidade)

Madalena.- ¡Quizais! ¿Díxolle él algunha cousa?

Alicia.- ¡Nada! ¿Será vostede mais compracente?

Madalena.- Eu, en todo, non fago senon imitar á Daniel; xa de moito tempo acostumeime á non pensar por min y él è quén pensa pol-os dous.

Alicia.- Mais se tratárase de lles faguer un ben moy grande, ainda que Daniel opuxérase, ¿vostede non contribuiría á esa boa obra?

Madalena.- Sin él sabelo, sin él ordenarmo, non..., N-a sorte ou na adversidade sempre c'o él...; ¡E o único que quédame n-o mundo!

Alicia.- Sinto pena e ademiración a un tempo, pro cando ámase moito, asi e non de outro xeito deben de proceder os que aman.

(Alicia bica n-a frente á Madalena e paseniño vaise hacia a porta direita sin desaparecer por ela de modo que véxase algo da sua figura.- Madalena encamíñase xunto os mozos que lle saen ô encontro)

Madalena.- ¡Foise triste! ¿Qué lle pasará? (Ôs mozos)

Daniel.- ¿Quén sabe? (Tamén preocupado)

Eduardo.- Tamén está enferma pro a sua doenza è grave... ¡Padece do corazón... está namorada!

Madalena.- ¡Namorada! (Ademirándose)

Eduardo.- Si, e mire o que son as cousas, con todo e con ser millonaria, quizais non poida outer a correspondencia do seu querer.

Madalena.- ¿Por imposiciós de orgulo?

Eduardo.- Ou por prohibición da delicadeza imposta pol-o seu amado. (Mira fixamente para Daniel)

Daniel.- ¡Ymonos de eiquí...! (Molesto e contrariado)

Eduardo.- ¿Quere o meu brazo? (Ofrecéndollo a Madalena)

Madalena.- ¡Quero o dos dous! (Madalena apóyase n-os brazos dos dous e xuntos desaparecen pol-a porta esquerda á tempo que Alicia déixase ver de todo pol-a da direita avanzando á modiño hacia onde fóronse oa outros quedándose ô pé da borda esquerda ollando o mar. Pol-a porta direita aparecen D. Francisco e o capitán que viste de mariño, trai barba corrida e leva cruzada o peito a correia da que pende a caixa c'os anteollos; n-a man sosten uns papés azús como de telegramas e ven sostendo unha conversa con Don Francisco. Alicia os sinte e á pouco xúntaselles)



Escena V
Alicia, Don Francisco e o Capitán

Capitán.- Dígalle, Don Francisco, que teño unha verdadeira satisfaición. (Alicia está atenta)

D. Frco.- Créollo, Capitán, porque vostede è dos que gozan c'o ben dos outros.

Capitán.- Doíame o verme n-o caso de perxudicar á ese pobre mozo que ten todal-as trazas de ser un home dino.

D. Frco.- Sonlle da mesma opinión, ainda que...

Capitán.- A pesar do parte que mandóranme eu consideireino hasta o punto de convidalo pra que fose un dos principales n-a nosa festa de despedida. (Alicia adiántase)

Alicia.- ¿De quen se trata, Capitán?

Capitán.- De Daniel. (Alicia sobresáltase)

Alicia.- ¡De Daniel! ¡Fale, fale, Don Manuel!

D. Frco.- Non son cousas que che interesen, Alicia.

Alicia.- ¡Deixa que fale, papai! (Supricante)

Capitán.- Felizmente xa non hay ningún perigo pra él nin compromiso pra min, así que direi o que espresan estes partes.

D. Frco.- Que falan moito en tan poucos ringuilós.

Alicia.- ¡Siga, siga, Capitán...!

Capitán.- Pois, verán: Cando zarpábamos das Palmas chegou n-unha motora á bordo un oficial do porto y entregoume un cablegrama urxente, éste; escoiten :(Leendo) "Capitán Infanta. Orden expresa Gobernador vigílese atentamente pasajero Daniel Estévez, camarote primera 135, por reclamación Juzgado. Espere instrucciones. Comandante Marina".

D. Frco.- A orden era alarmante.

Alicia.- ¡Non, Daniel non poide ser delincuente...!

Capitán.- Están n-o certo, Señorita. Corrían os dias, en que por min mesmo exercia asiduo a vixilancia pois a ningures a confiei, non ouservei n-él nada que xustificase a orde recibida. Fai catro dias, e xa próusimo a rendir viaxe, non chegando istrución algunha e véndome n-o caso de entregar á Daniel ô Cónsul â nosa arribada, dirixín un radiograma.

Alicia.- ¿Qué decía n-él? (Ansiosa)

Capitán.- Pouco mais ou menos o siguente: "Comandante Marina.-Daniel Estévez cuya vigilancia ordenóse, conducta intachable. Vísperas llegada urgen instrucciones".

Alicia.- ¡Moy ben... moy ben! (Alegrándose)

D. Frco.- ¿Por qué tanto entusiasmo, miña filla?

Alicia.- ¡Acabe, acabe, capitán...!

Capitán.- Non recibín resposta, e d'aquela, n-o meu deseo de non causar trastornos ôs dous hirmáns, volvin á telegrafiar.

Alicia.- ¿E qué...? (Con eisaltación)

Capitán.- Que fai unha hora entregáronme este outro radiograma que encheume de contento (Desdobra outro papel e lee) "Capitán Infanta. Sin efécto orden relativa Daniel Estévez. Enterado defensor apeló Juzgado deshaciendo error padecido transmítole ésta orden Gobernador. Comandante Marina". (Alicia moy leda)

Alicia.- ¿D'aquela está libre e nada ten que temer?

Capitán.- Ausolutamente nada: libre e limpo.

D. Frco.- Sin embargo, pol-o pronto hay de por medio un xulgado, un defensor e...

Alicia.- ¿Qué imaxinas, papai...?

D. Frco.- Que algo debe de haber porque este feito coincide c'o a reserva d'ese mozo e a sua negativa pra acetar o meu ofrecimento.

Alicia.- E que, ¿xa non o sosterías si él consentise?

D. Frco.- Non sei... poida que non.

Capitán.- Pois eu sí; sei d'el que foi un bon fillo e que è un bon hirmán y eso è unha garantia de que será un home honrado.

D. Frco.- Nos negocios toda precaución è pouca.

Alicia.- Papai, non retilel-a tua proteución á quen lla ofreciches... Eu respondo de Daniel e si él comprométese él cumprirá ben.

Capitán.- Tal o creo.

Alicia.- Capitán, quérolle deber un señalado servicio... Meu pai ten que falar con Daniel y eu prégolle que vostede en persoa digalle que o espera agora eiquí.

D. Frco.- ¿Qué intentas, Alicia?

Alicia.- ¡Salvar a vida de dous seres que van camiño da miseria! Ande, ande Capitán que Dios llo pagará e todos llo estimaremos...

Capitán.- Con gusto a comprazo, e boa sorte. (Vaise porta direita)



Escena VI
Alicia e Don Francisco

D. Frco.- Alicia, ¿á que obedece este teu interés tan grande, esa tua vehemencia?

Alicia.- ¡Non me perguntes! (Abrázao ruborosa)

D. Frco.- ¡Filla, miña filla...! ¿Xa non tes d'abondo c'o amor do teu pai e vai tras de outro o teu corazón? (Delorido)

Alicia.- Non cabiles, eu quérote o mesmo.

D. Frco.- Non disimules; eu adeviño os teus pensamentos; xa o dixo aquel poeta e filósofo: pra os vellos teñen as nenas o peito de cristal, e pra os vellos que son pais, o cristal è de aumento.

Alicia.- ¡Perdóneme!... Non o puiden evitare...

D. Frco.- Chegóute a hora; ¿qué lle habemos de faguer? Pro, ¿acertarás?

Alicia.- Daniel è bon.

D. Frco.- Non o asegures porque ti soyo sabes d'él que è disgraciado.

Alicia.- ¿Acaso o seria se fose un home ruín?

D. Frco.- Alicia, reprimo o natural impulso do paternal egoismo porque ti sexas feliz, pois nunca soipen negarche nada de canto quiseches outer; pro meu delor seria mortal si n-o canto de seres ditosa foras desventurada... ¡Pénsao ben, filla, pénsao ben!

Alicia.- Xa o teño pensado e non hay reservas pra un pai tan bôo; aténdeme, fai pouco vímonos e falámonos eiqui; as almas d'él e a miña asomáronse ôs nosos ollos, reveláronse e presentáronse como elas eran; merecentes a unha da outra.

D. Frco.- Mais ese segredo que obrígao á deixal-a sua terra indo tras do desconocido, dame moito que maxinare.

Alicia.- Pois por eso o fago vir eiqui, pra que mo revele á min sola, sin testigos, e poides ter a seguridade de que se non fose dino de alternar con nos, renunciaria á él ainda destrozando o meu corazón.

D. Frco.- ¡Qué Dios ilumínete, Alicia, e xamais esquenzas á gran proba de amor que non sin sacrificarse dache o teu pai!

(A bica n-a frente e vaise pesaroso pol-a porta direita. Pol-a de a esquerda aparece Daniel ollando curioso, Alicia achégase á él e prendeo d'unha man pra o traguer ô primeiro termo, ademostrando impacencia e axitación mal reprimidas. N-a escena que ven, a mais culminante do poema, aparte das indicaciós que fanse, déixase ô arte dos intérpretes os movementos e además que crean oportunos, e sobre de todo Daniel que poide sentarse, erguerse, pasear â sua vontá. Estúdese a situación. Comenzan falando en baixa voz que van alzando)



Escena VII
Alicia e Daniel

Alicia.- ¡Daniel...! N-a vida hai sempre un mo-mento solene n-o que decídise o noso destino... Este momento chegóu pra vostede e ... pra alguén mais; pol-o tanto è preciso que vostede falicite a solución d'un problema do que depende a tranquilidade pra moitos...

Daniel.- Non alcanzo o que quere decir.

Alicia.- ¡Necesito a revelación do seu segredo!

Daniel.- ¡Imposible! (Contrariado)

Alicia.- N-o dicionario en que adeprenden os homes fortes a palabra imposible non ten sinificación.

Daniel.- Mais a ten n-aquel n-o que se istruen os que son conbatidos pol-a sorte.

Alicia.- Non divague e fale pronto porque se turba, o momento pasa e pérdese todo.

Daniel.- É algo tan triste que o seu soyo recordo cáusame espanto.

Alicia.- Soyo espanta o que vai n-a compaña da vergonza e do deshonor.

Daniel.- Mais o corazón laya e a ferida ábrese e deita sangue.

Alicia.- Eu lla estancarei c'o bálsamo do meu consolo...

Daniel.- ¡Non podo... non podo! (Resistíndose)

Alicia.- ¡Pois ten que ser...! Eu llo prego pol-a memoria da sua nai, pol-a curación da sua hirmá, por cantos outros amores puidera sentir.

Daniel.- Pois por eses outros amores è que fáltame a decisión. (Falan ainda en pé)

Alicia.- Eu doulle a ausolución por diante... ¡Confese, Daniel! (Supricante)

Daniel.- Teño medo de que ô descubril-o misterio vostede impresiónese e me desprece.

Alicia.- Se xa está ausolto, ¿como pensa que mortificareino c'o algunha pinitencia?

Daniel.- Fágome treición, pro non poido resistir mais... ¡Estou vencido! (Eisaltado)

Alicia.- ¡Por fin...! (Séntase e fai sentar à Daniel cabo d'ela. Daniel pásase as mans pol-a cara e fala entrecortado)

Daniel.- Tres anos fai que morreuse a nosa nai! Madalena y eu acomodámonos n-unha casa bancaria, como xa lles dixen.

Alicia.- Sí, lémbrome.

Daniel.- O xefe da seición onde miña hirmá traballaba era o fillo do xerente do estabrecimento; un d'eses mozos adiñeirados e viciosos que críanse sin respetos à nada nin miramentos á ninguén, e pra os que con tal de satisfaguer os seus desexos non vacilan en tirar honras nin en levar a destrución ôs fogares tranquilos. (Pausa)

Alicia.- ¡Eses non son homes, son mostros!

Daniel.- Eu notaba n-a miña hirmá certas alternativas de contento e de tristeza, mais non sospeitaba o motivo. Un dia atopeina chorando e díxome que sin saber por qué estaba apenada; mais n-outra ocasión chegou â casa salayando c'o a noticia de que fora despedida da oficina; sorprendéndome porque non estaba en antecedentes... ¿Qué pasara? Obrigada por min Madalena refereume todo: O seu xefe, aquel mozo sin concencia, finxiralle cariño, fixérase amar por ela e cando a coitada gozaba soñando venturas, o canalla quixo bastardear aquel amor puro atentando â honestidade da infeliz namorada.

Alicia.- ¡Miserable...!

Daniel.- Ela defendeu o seu honor e d'aquela o infame, acusándoa de faltas con outro que non quixera cometer c'o él, ordenóu o seu despido coidando que homildándoa acabaria por entregárselle.

Alicia.- ¡Canta baixeza! (Daniel érguese e pasea)

Daniel.- ¡Inconcebible, Alicia!

Alicia.- ¡Siga, siga, Daniel!

Daniel.- Non puiden resistir os impulsos da miña indinación; busquei á aquel home e din c'o él n-o seu despacho... O verme ergueuse sorprendido. "¡Non tema, -lle dixen-, non veño a atentar contra vostede, senon á eisixirlle a honra da miña hirmá, non a da sua virtude que non perdeu, pro sí a sua honra social que vostede lle tirou! ¡Madalena saleu caluniada d'esta casa y è preciso que volva á ela pra que non se estenda a difamación, y en de pasando algún tempo voluntariamente ela despediráse, deixando á salvo a sua reputación!"

Alicia.- Era xusto, ¿y él acedeu?

Daniel.- Con risa sarcástica contestoume que él era por compreto alleo á este asunto, pro que cando certas cousas divulgábanse terian o seu fundamento; que pol-a sua parte nada intentaria pra desfaguer o feito, porque ben puidera ser todo eso unha intriga nosa que tuvera por ouxeto a esprotación... ¡O sangue todo do corazón subéuseme á cabeza...! Ceguei... avancei hacia él sin me poider conter pra castigar a sua infamia... él deu un paso atrás, tropezou c'o seu sillón, perdeu o equilibrio, caeu dando c'o a testa no canto da caixa de ferro e despromouse n-o chan pol-o que carreu o sangue que deitáballe a ferida. (O actor prautica a mímica que lle suxire o seu auto)

Alicia.- ¡Horrible situación! (Moi impresionada)

Daniel.- Deu él un grito desesperado... eu din outro de terror... Entraron os empregados, botaron man de min e maltratáronme acusándome da morte d'aquel home, porque o tremendo golpe tiráralle a vida... (Séntase fatigado)

Alicia.- ¡Pobre Daniel!

Daniel.- ¡Fun preso, pecháronme n-un escuro calabozo e por derradeira procesáronme!

Alicia.- ¡Martirio atroz! (Daniel séntase)

Daniel.- A pobre Madalena aterrouse y enfermou gravemente con tanta emoción, e d'esto procede a doenza que a consume.

Alicia.- ¡Sanarémola á forza de cariño e de cuidados!

Daniel.- Moitos meses pasei n-a cárcele; un meu amigo abogado afrecéuseme pra a miña defensa que tomou con calor e como non houbo testigos de cargo n-o proceso, porque hasta aqueles que maltratá- ranme non tuveron nada que decrarar en contra de min e por outra parte abonábame a miña boa conduta de sempre, o meu defensor c'o a elocuencia que dan a xusticia e a verdá, logrou que o Xurado non se celebrase, pol-o que a causa sobreseyeuse e fun posto en libertá c'o a obriga de que mediante certo tempo dese costancia da miña vida e da miña residencia.

Alicia.- ¡Qué de sufrimentos, meu amigo!

Daniel.- ¡Atroces, Alicia; non sei como os soportei!

Alicia.- ¿E que mais? ¡Acabe!

Daniel.- Perdídol-os nosos empregos e pra moitos a nosa reputación, e non permitíndonos a nosa vergonza residir xa n-aquel pobo, acordamos emigrar d'él; vendemos canto tiñamos pra o noso viaxe, cómodo pol-o mal estado de Madalena; tomei consello do meu abogado quen outuvo autorización do xuez pra poider me ausentar, e recollendo algunhas cartas de recomendación, partimos pra América onde ninguén nos conoce e poidamos ocultar os nosos delores... ¡Esta è a historia toda do meu segredo! (Alicia erguese conmovida y él a imita)

Alicia.- ¡Historia crudel de sacrificio e de aunegación cuyo derradeiro capítulo, por decreto providencial, desenvólvese entre dous mundos, tendo por limites o ceo inmenso e o insondable mar à bordo d'un trasatlántico, onde trázase o primeiro da segunda parte da redención, e a quen tanto sufreu, como premio do feroz martirio, saille ô encontro o amor!...

Daniel.- ¡O amor!... (Ademirado préndelle as mans à Alicia)

Alicia.- ¡O amor, Daniel! Se ambol-os dous o sentimos, e o denuncian os nosos ollos, e somos dinos o un do outro, ¿por qué habemos de ocultalo e pra qué ese esceso de delicadeza por unha parte e de recelo pol-a outra? ¡Non, Daniel, desdeñémol-os convencionalismos e deixemos que falen os corazós, e basta xa de mortificaciós!

Daniel.- ¿D'aquela è certo...? ¡Alicia...! ¡Refleisione! Ese sentimento seu ¿non será campasión, non será caridade da que tal vez arrepíntase algún dia? ¡Eu vallo e sinifico tan pouco...!

Alicia.- Pra min todo o que mais val n-a vida: c'o amor do pai e do home que meréceme.

Daniel.- ¡Alicia, miña Alicia... Amote hasta a adoración!

Alicia.- ¡Este è o noso momento solene y en él solucíonase o problema do noso destino!

(Don Francisco que pouco antes aparecera n-a porta adiántase e dirixese a Daniel c'o as mans estendidas)



Escena VIII
Alicia, Daniel e Don Francisco

D. Frco.- Si, Alicia, confirmo canto dixeches... ¿Eres feliz? (Abrazándoa)

Alicia.- Son moi ditosa, papai.

D. Frco.- Daniel, apreixanse as mans dous homes honrados.

Daniel.- ¡Don Francisco! (Danse ambas mans)

D. Frco.- A cuestión era pra todos nos trascendental y eso induceme á cometer unha indiscreción asistindo â sua entrevista c'o a miña filla sin que notaran a miña presencia. Perdóneme.

Daniel.- ¡Perdóneme vostede, Señor!

D. Frco.- Sí, pro c'unha condición.

Daniel.- Con todas, xa entregueime en corpo e alma.

D. Frco.- Pois d'aquela xa sei que queda acetado o seu acomodo n-a nosa casa e n-a miña amistade.

Alicia.- ¿Soyo n-a tua amistade? (Alicia vai â porta esquerda e axita un pano branco â porta)

D. Frco.- Xa él nos dirá se apetece mais.

Daniel.- Confúndeme tanta xenerosidade e non sei como agradecer canto por nôs fan... ¡Se paréceme que son cítima d'unha alucinación da que temo reaicionare!

D. Frco.- Pois convénzase de que está desperto e de que todo è a realidade. (Dous mariñeiros salen e rube cada un pol-a sua escada ô ponte)



Escena IX e derradeira
Alicia, Madalena, Daniel, Don Francisco, Eduardo, Capitán

(Os mariñeiros colócanse un ollando ô lonxe c'un anteollo de larga vista e o outro cabo do mastil, n-o centro da ponte onde estará xa amarrada a bandeira sin sere vista hasta que ô mando do Capitán sexa izada quedando ben o descuberto e sendo saudada pol-a orquesta que estará n-o interior sin vela o púbrico. O Capitán, Madalena y Eduardo aparecen pol-a esquerda)

Capitán.- ¡Veñan, veñan, que pronto presentaráse a costa americana que branquexa ô lonxe!

Eduardo.- Arribamos a ela con ben.

D. Frco.- Con todo ben, felizmente. (O Capitán n-a borda esquerda olla ô mar c'os seus anteollos)

Daniel.- Chega, Madalena, e apareza n-o teu sembrante a animación perdida.

Alicia.- Madalena, ¿Quixérame por hirmá?

Madalena.- ¿Qué dí, Alicia? (Alicia a abraza)

Alicia.- Que de hoxe en diante non nos separaremos.

Madalena.- ¿E certo, Daniel?

Daniel.- Tan certo como que Alicia è un anxel e seu pai un santo que fai milagres.

D. Frco.- Pol-o menos xa está feito o de que Daniel acetou as miñas proposiciós.

Eduardo.- ¡Pol-o visto fun profeta! (A Daniel)

Daniel.- ¡Si, meu amigo! (Danse a man)

D. Frco.- Eduardo, esperamos pol-as suas visitas pois sempre será por todos nos ben recibido.

Eduardo.- ¡Irei! (Mira con intención a Madalena que baixa a vista)

Madalena.- O vérete tranquilo paréceme que revivo, meu hirmán. (Dirixíndose a Daniel)

Daniel.- ¡Si, esto debe de sere unha alucinación!... ¡Ou è mentira canto aconteceu ou non è verdade canto ô presente acontéceme...! ¡E se o de agora non fose certo... meu Dios, tírame a vida!

(O mariñeiro que está n-o ponte c'o anteollo di:)

Mariñeiro.- ¡Terra...! (En voz alta e ô lonxe outra voz grita tamén: ¡Terra...! O Capitán alborozado)

Capitán.- ¡Si, ahi está: xa divísase como unha nube o cabo Polorrio e o de Santa Ma ria que limitan a costa de Maldonado... Hacia aquel lado atópanse as illas de Lobos e a de Flores, e cando asome o novo sol teremos â vista ôs faros do Este, o de Punta-Carretas e o do Cerro que alumea a espréndida badia de Montevideo!

Daniel.- ¡Terra de América, terra de promisión, eu saúdote!

Alicia.- "¡Benditos los que en tráfago errabundo hallan la dicha que inconsciente rueda, no por el mundo viejo que atrás queda, si nó por el potente nuevo mundo...!"

(Alicia recita estes versos con sentimento y emoción ollando amorosa pra Daniel)

Daniel.- ¡Alicia, miña salvadora... meu esprito prégalle á Dios que tamén à ti bendízate!

(Cuadro = Alicia e Daniel â direita - Don Francisco, Madalena y Eduardo n-o centro finxen conversar - O Capitán n-a borda esquerda deixa de mirar y entusiasta ordena ôs mariñeiros e â orquesta que está dentro:)
Capitán.- ¡Mariñeiros: izade a nosa bandeira e saudémola c'o hino da patria...! ¡Viva España! ¡Viva América!

Todos.- ¡Viva...! (Todos renden a bandeira, as señoras c'os panos e os homes c'o as gorras. A orquesta n-o interior interpreta a Marcha Real)

Cae o pano lentamente.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega